top of page

Seminario “Outro Cinema Español. Un balance aberto dende a creación e a investigación”

Foto del escritor: Performa
Performa
9 sept
1 min de lectura

O Grupo "Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades" (IDEAHS) e mailo Proxecto "PERFORMA. El teatro fuera del teatro" organizan o seminario “Outro Cinema Español. Un balance aberto dende a creación e a investigación”, que terá lugar nas facultades de filosofía e de xeografía e historia nos vindeiros días 3 e 4 de outubro.

Este encontro entre investigadores e creadores audiovisuais propón abrir un espazo de debate e reflexión no seo da comunidade universitaria para afondar nas novas formas do cinema galego e español do século XXI. O chamado "Outro Cinema Español", un termo creado hai máis dunha década, identifica precisamente a un tipo de obras independentes construídas dende as marxes da industria, moitas veces cun marcado carácter experimental, que precisan agora dunha revisión crítica dende unha perspectiva histórica.

O seminario, dirixido por Xosé Nogueira e Iván Villarmea Álvarez, profesores da subárea de Historia do Cinema e Outras Artes Audiovisuais do Departamento de Historia da Arte, contará entre os seus participantes cos programadores Beatriz Navas (Plat.tv) e José Manuel Sande (Filmoteca de Galicia), coa crítica Jara Yáñez (directora da revista Caimán. Cuadernos de Cinema), cos investigadores Anxo Abuín (USC), Óscar Cornago (CSIC) e Fabrice Corrons (Université Toulouse - Jean Jaurés) e mais cos cineastas Margarita Ledo, Laura Ferrés, Beli Martínez, Álvaro Gago, Sonia Méndez, Xisela Franco e Alberte Pagán.

As sesións desenvolveranse no Paraninfo da Facultade de Filosofía (día 3) e na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia (día 4).


Entradas recientes

Ver todo
Seminarios con Sergio Blanco

Anunciamos que o dramaturgo e director de escena uruguaio Sergio Blanco estará connosco para dar dous seminarios os vindeiros días 17 e 18 de abril na Facultade de Filoloxía da USC. (Imagen 17) 17/04/

 
 
 
Seminario Alessandro Bertinetto

O proxecto PERFORMA3, en colaboración co GI-1510 IDEAHS, organiza un Seminario sobre a Estética da Improvisación que impartirá o académico italiano Alessandro Bertinetto, da Università di Torino. O ev

 
 
 

Comentarios


bottom of page